Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 27 de diciembre de 2013

O NOSO NOME


O nome é o noso sinal de identificación, forma parte da nosa unidade, e sobre todo é un dos elementos máis significativos para os cativos destas idades. Aprender a recoñecelo e a escribilo son logros fundamentais e significativos para un desenvolvemento óptimo das capacidades relacionadas coa lectoescritura.

É preciso que consideramos que o nome propio é unha valiosa fonte de información, xa que lle indica que non calquer conxunto de letras serven para calquer nome, que a orde das letras non é aleatorio, axúdalles a comprender que o comezo do nome escrito ten algo que ver co inicio do nome cando se pronuncia, axúdalles a comprender o valor sonoro convencional das letras….. por todo isto, dende a aula de tres anos non podemos nin queremos minimar a súa importancia e presentamos un mininucioso traballo ao respecto, co cal prentendemos:
• Recoñecer a inicial do seu nome.
• Discriminar visualmente o seu nome e os dos seus compañeiros.
• Ordenar correctamente as letras do seu nome.
• Empregar correctamente os útiles para escribir (ceras, lápis, rotulador…)

Durante estos meses estivemos desenvolvendo un  gran traballo neste aspecto, tanto é así que creamos materias manipulativos variados para compoñer e descompoñer o noso nome e o dos nosos compañeiros e compañeiras cantas veces como queiramos. 

Esta proposta so pretende ser o inicio dun traballo que se desenvolverá ao longo deste curso escolar e coa cal os nenos e nenas de tres anos mellorarán a súa Competencia Lingüística. 


viernes, 20 de diciembre de 2013

MENÚ DE NADAL



Xa chegou o día, por fin descubriremos o que nos toca comer nesta última xornada antes do Nadal. Todos os alumnos e alumnas do colexio escribiron as súas peticións; unha vez feito o reconto quedou do seguinte xeito: 

             1º Prato. Gambas peladas
             2º Prato.  Churrasco
             Sobremesa. Doces de Nadal

jueves, 19 de diciembre de 2013

FESTIVAL NADAL 2013



Xa non queda nada, estamos a piques de rematar este primeiro trimestre, e de que mellor maneira que cantando. Farémolo ao ritmo de Unha vella tiña un can recollido no último traballo de Migallas Teatro, editado pola editorial Kalandraka: Pan de Millo.

Aquí vos deixamos un video coa nosa actuación, agardando que fose do agrado de todos vós. 

martes, 17 de diciembre de 2013

SANTA CHEGA AO COLEXIO


Santa Claus chegou o noso colexio, petou na nosa porta e alí se quedará ata que rematen as vacacións. 


Pero non foi a única visita, xa que este mércores contamos coa axudante de Papá Noel quen nos felicitou as festas de Nada. 


(Agradecemento para ANPA do colexio)

miércoles, 11 de diciembre de 2013

A CREAR!


Este mes de Nadal é típico polas fermosas decoracións que atopamos na rúa, nos escaparates, nas tendas…..., pois ben, dende a aula de tres anos quixemos crear os nosos propios adornos, tanto de xeito individual como por pequenos equipos. 


Foi unha longa tarefa que conlevou a creación de tres grandes elaboracións: unha BOLA de Nadal personalizada que formará parte da decoración da nosa árbore, un simpático RENO empregando material de refugallo (o tubo do papel hixiénico) e unha fermosa COROA, a través da cal puxemos en práctica a importancia do traballo en pequeno grupo.


martes, 10 de diciembre de 2013

FELICITAMOS O NADAL

Como xa é costume no noso centro, todos os anos os rapaces e rapazas do centro desexámoslles as nosas familias un Bo Nadal cunhas fermosas felicitacións feitas no colexio.

Este ano na aula de Educación Infantil 3 anos decidimos escoller este motivo que atopamos na rede con algunha pequena adaptación. 

Aquí podedes ver o proceso de elaboración, empregando as súas artes e as súas mans como instrumento creador. 



martes, 3 de diciembre de 2013

CHEGOU O TEMPO DE NADAL


O tempo de Nadal préstase para xogar e facer moitas actividades en familia. Aquí van algunhas das nosas recomendacións. 

lunes, 2 de diciembre de 2013

XA CUMPRÍN TRES ANOS


A pesares de ter  moitas cousas que contar durante este último mes, queremos, dende a aula de tres anos, destacar o día de hoxe, xa que Iker, un dos nosos picariños, cumpre tres anos. 

Entre todos quixemos preparar unha boa festa na cal degustamos o saboroso pastel que preparou Luz, a súa nai, cantamos o Feliz Cumpreanos e sopramos as velas. 

Custom Glitter Text Graphics - http://www.glittertextlive.com





viernes, 29 de noviembre de 2013

MENÚ SORPRESA

 

Como todos ben sabedes contamos co servizo de comedor no centro. Pois ben, para o último día de trimestre, a encargada de comedor, a profe Patri, decidiu prepararnos unha gran sorpresa. Reparteunos uns papeis nos cales temos que anotar o menú que nos gustaría saborear e deixalo no buzón correspondente. 


Os Picariños somos moi clásicos, queremos lentellas, pizza, hamburguesas, …pero a comida estrela da aula de 3 anos é o Bocata de Nocilla (nosilla para moitos). 

Toca esperar e pensar …. que será será?

viernes, 15 de noviembre de 2013

O MAGOSTO




O mes de novembro é tempo de chuvasqueiros, botas, follas no chan e, sobre todo, CASTAÑAS, moreas e moreas de castañas. É un gran froito con moitas e saborosas posibilidades gastronómicas. 

Coa celebración do Magosto, a festa das castañas, os Picariños puidemos degustar castañas asadas, unha das modalidades máis estendidas nas nosas casas, e gozar de xogos populares onde o instrumento principal foi Dona Castaña. 

Deixámosvos unhas imaxes desta tradicional xornada. 

miércoles, 30 de octubre de 2013

SAMAIN/ HALLOWEEN



Por fin, xa chegou a festa das cabazas, do calacús, o Samaín ou do Halloween; unha festa onde as pantasmas, os monstros e as bruxas están moi, pero que moi presentes. 

Para celebrar esta data comemos unha saborosa rosca (agasallo da "teacher" por participar coa elaboración das cabazas), cantamos cancións (O Morcego de Mamá Cabra do libro Animales Encantadores) e fíxose entrega dos premios as cabazas máis orixinais. 







(engadimos un anaquiño da canción O Morcego)

Os Picariños tivemos moita sorte, e acadamos un terceiro premio da man dunha divertida casiña onde viven tres rosados personaxes, os tres porquiños, e un lobo famento. 

Noraboa a Alberto e a súa familia por esta creación.


lunes, 28 de octubre de 2013

GRANDES CABAZAS, GRANDES ARTISTAS












Os Picariños comezamos a traer as cabazas que, con tanto traballo e esmero fixemos coa axuda das nosas familias para ó concurso organizado pola "teacher". Agardamos sexan do voso agrado, e como non, do  gusto do gran xurado (equipo de cociña). 

sábado, 26 de octubre de 2013

CHEGAN OS MONSTROS


Xa chega o Samaín e con el o tempo dos esqueletes, pantasmas, cabazas, os monstros…. e como non dos medos.

A editorial Emberly preséntanos dous grandes ollos amarelos, unha longa nariz verde-azulada, unha horrible boca vermella con afiados dentes brancos…… e moitos máis elementos que conforman a cara deste horrible monstro verde que pretende asustarnos sen moito éxito. 




Co libro que aquí vos comentamos, FUERA DE AQUÍ HORRIBE MONSTRUO VERDE,  puidemos traballar o medo cos picariños de tres anos. Unha sinxela narración que se converte nunha perfecta ferramenta para  sacar os medos e dormir totalmente tranquilos. Para iso só precisamos unhas palabras máxicas: ¡FUERA DE AQUÍ! ou GO AWAY! (xa que este libro o atopamos nos dous idiomas: castelán e inglés, e os picariños tamén o traballaron coa "teacher" María). 

A maiores e para seguir incidindo nas partes da cara, cada neno e nena compuxo o seu Monstro Verde. Para iso tivemos que iniciarnos na técnica do picado, algo laborioso a estas idades, a pesares disto quedamos moi contentos co noso traballo. Atópase exposto no corredor de infantil, para que mestres, compañeiros e familias poidan ollalos. 















Deixamos algunhas imaxes dos nosos monstros colocados no corredor de infantil.


viernes, 25 de octubre de 2013

PRESENTÁMONOS IV













Que impacientes estaban estos picariños! Xa levaban varios días falando das súas sorpresas, das súas presentacións e por fin puidemos ollalas. Un fermoso traballo cargado de imaxes, debuxos e sobre todo ilusións. 

martes, 22 de octubre de 2013

CABAZA, CABACIÑA



Chegou o tempo das cabazas, e na nosa aula non queremos esquecernos delas, polo que cada cativo e cativa decidiu pintar co pincel a sú cabaza, para poñer no noso mural colectivo. Para ser a primeira vez que usabamos este útil non nos quedou nada mal. 

domingo, 20 de octubre de 2013

PRESENTÁMONOS III


Mateo, David, Brais e Clara chegaron moi contentos esta semana á escola, xa que entre as súas mans traían unha gran "sorpresa".

Levaban agardando un montón de días, e por fin, xa estaba aquí a súa Presentación.

Ollade ben para esas caras cheas de ilusións e gañas de contar, e como non, tamén para os compañeiros quenes amosaron moitas ansias de escoitar e poder coñecer algo máis aos seus amigos/as.  

viernes, 18 de octubre de 2013

DONA CARME NO KAMISHIBAI



O Kamishibai é popular do Japón e significa "Teatro de Papel". Esta forma de contar contos, popular nesta zona asiática suele aproveitarse para facer que os cativos e cativas gocen das lectura dunha forma orixinal e creativa. 

Para poder crealo, normalmente debemos confeccionar un conxunto de láminas que teñen un debuxo nunha cara e o texto noutra, polo que se precisa dun presentador ou intérprete. A lectura do Kamishibai realízase colocando as láminas en orde sobre o teatrillo de tres portas denominado "butai" de cara o auditorio e movendo as láminas unha tras outras mentras se le o texto. 

Nos decidimos facer unha sinxela adaptación ao nivel de Educación Infantil, neste caso de tres anos, polo que empregamos unha viñeta a través da cal contar a historia. Neste caso David foi o noso intérprete. Aquí deixamos unhas instantáneas desta fermosa presentación. 






A través dos Amigos del Kamishibai atoparedes más información, documentos para descargar e incluso experiencias de aula.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS