Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

jueves, 20 de diciembre de 2012

FIN DE ANO NO LUAR

En todo Nadal que se precie, debe haber un Guateque, baixo este lema os cativos e cativas de cinco anos demostraron os seus pasos de baile, a ritmo de melodías tan coñecidas como "Cuéntame como te ha ido" "Quince años tiene mi amor" "Buscando en el baúl de los recuerdos " e non podía faltar a Yenca "Izquierda, izquierda, derecha, derecha, adelante.....". 



Versión do Festival Navidad 2009 que publicou no You Tube kremaster, moitas grazas por compartir a vosa actuación con nós.

martes, 18 de diciembre de 2012

A VISITA DE PAPÁ NOEL

Que visita tan especial!. Non nolo podiamos crer! Por megafonía avisáronnos dunha visita inesperada: Papá Noel. Polo que, mans á obra para poder escribir e decorar unha fermosa carta para darlle a este fermoso personaxe. Un día moi atarefado e moi emocionante para os nosos picariños.


lunes, 17 de diciembre de 2012

PARABÉNS ALICIA


Glitter Text @ Glitterfy.com


A última das nosas picariñas, é dicir a máis nova, está de aniversario, así que como non podía ser doutro xeito celebrámolo ben alto, con moitos doces e, sobre todo, degustamos unhas deliciosas "bolitas de anís" que xa nos presentaran no curso pasado. 




sábado, 15 de diciembre de 2012

A VENDIMA

Ao final de cada trimestre sempre é preciso pensar e, sobre todo, reflexionar sobre o feito ao longo destes meses. Por ese motivo recollemos unha pequena presentación da Secuencia relacionada coa vendima desenvolta durante os primeiros meses do trimestre, para que os picariños poidan recordar esta investigación.

viernes, 14 de diciembre de 2012

PLAN DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS



O noso centro solicitou ao Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) a axuda para a distribución de froita fresca entre o noso alumnado durante este curso escolar.

Como se ver nesta actividade concedéronnos a axuda e durante este primeiro trimestre puidemos gozar dunha semana de merendas saudables.

Os Picariños quixemos aproveitar esta ocasión para inicidir na lectoescritura, ao mesmo tempo que probamos as froitas de temporada, recordando sempre o noso lema "Hai que probar de todo".


                       
                     

jueves, 13 de diciembre de 2012

ILUSTRACIÓN DO TALLER DE COCIÑA

O Taller de cociña sempre da de sí, neste caso, pedímoslles aos Picariños que ilustrasen cos seus magníficos debuxos o día vivido na escola. Como podedes descubrir cada quen recorda e vive esos momentos de xeito diferente. A maiores tiveron que compoñer a frase que recollía o que sucedía en cada debuxo. 
De novo, agradecer as mestras da Galiña Azul a súa disposición para cos picariños, e recordade que esperamos que sexa o inicio de vindeiras actividades. 

miércoles, 12 de diciembre de 2012

TALLER DE COCIÑA INTERESCOLAR

Na xornada de hoxe, os picariños quixeron trasladar o seu Taller de Cociña á Galiña Azul, para poder así compartir cos cativos da escola unha saborosa receita: GALLETAS. 
Os nenos de infantil, tanto primeiro de primeiro ciclo (0-3 anos) como segundo ciclo (3-6 anos) compartiron a elaboración dunha receita dunhas saborosas galletas.






















Entrementras xogamos, pintamos, cantamos e compartimos unhas horas xuntiños, cos nosos novos amigos e algún que outro coñecido, ou irmá, como no caso de Rubén.














Sen lugar a dúbidas unha nova forma de colaboración e cooperación interciclos que esperamos poder repetir próximamente. 

martes, 11 de diciembre de 2012

ATA PRONTO OLIMPIO

O noso conserxe Olimpio xubílase e os picariños quixemos agasallalo cun pequeno libro cos nosos debuxos. Cada cativo e cativo debuxou a Olimpio tendo en conta a visión de cada un. 










lunes, 10 de diciembre de 2012

POLO NADAL, UN LIBRO NA MAN

Chegamos a unhas datas moi importantes e sobre todo nas cales o consumismo domina o noso día a día.
Pois ben, dende a aula dos Picariños quixemos recoller unha serie de recomendacións lectoras, algunhas veces novidades, outras clásicos, que poden incluirse dentro das cartas que escribimos durante este mes. 
Porque, que mellor agasallo cun libro?


Preme encima deste logo para acceder as nosas recomendacións

domingo, 9 de diciembre de 2012

OS PÍCAROS DE VANE NO FACEBOOK


Todos aqueles que queirades poderedes atopar e seguir as nosas novas a través de Facebook. Simplemente teredes que premer encima da imaxe desta entrada, ou ben no lateral dereito buscar o logotipo.
A partires dese momento, e sempre que teñades conta poderedes ver tanto as nosas novas, como recomendacións ou suxestións varias de libros, películas, teatro, xoguetes..... Para iso lembrade premer en ME GUSTA. 

sábado, 8 de diciembre de 2012

PALABRAS NAS NUBES, NUBES DE PALABRAS

O texto escrito, durante estos tres anos, foi e segue a ser un aspecto moi importante. Agora ben, durante este curso está  a ser vital, xa que os picariños están iniciándose na composición de palabras e de frases, importantes para poder comunicar os seus desexos, sexan os que sexan. 

Cada neno ou nena ten o seu ritmo de aprendizaxe por ese motivo atoparemos diferentes fases ou hipótese de escritura neste gran traballo.

Dado que iniciamos unha etapa chea de fermosas palabras decidimos que fosen eles quenes escribisen as palabras propias deste mes. Así apareceron palabras como REGALO, PAPÁ NOEL, PINO, FELIZ NAVIDAD..... entre outras. 




viernes, 7 de diciembre de 2012

A MOCHILA VIAXEIRA (III)

A mochila segue traéndonos novos dinosauros, e sobre todo, segue levando información e ilusión, moita ilusión a casa dos nosos picariños. 
Nesta ocasión tocoulle o turno a Silvia e Uxía quenes, como poderes ver, nos explicaron aspectos do dinosaurio que escolleron.





jueves, 6 de diciembre de 2012

A RITMO DE "SOMOS CONGUITOS"

Como podedes ver outros coles tamén gozan dos dinosauros, neste caso cantando esta canción tan divertida, coa cal pretendemos gozar nestes ultimos días do trimestre. 
Esperamos poder facer a nosa versión desta canción. En canto a teñamos a subiremos para que poidades disfrutar. 

miércoles, 5 de diciembre de 2012

PARABÉNS CARLA!!!


Agora si que xa non nos queda nada, Carla, unha das  máis novas picariñas, cumpre cinco anos, xa só nos queda unha. 
Para festexalo trouxo unha riquísima rosca e unha saborosas piruletas, ummmmm que rico estaba todo!!!!!
PARABÉNS CARLA!!!!






martes, 4 de diciembre de 2012

O APALPADOR II

Para aqueles que queredes seguir xogando co Apalpador, deixamos esta actividade LIM do CEIP Outeiro das Penas, agradecemos este material, e esperamos que xoguedes con el, e sobre todo, que vos divirtades moito. 
Fixádevos na parte superior, ten dous niveis de dificultade segundo o maior nivel de comprensión e expresión escrita. 


lunes, 3 de diciembre de 2012

O APALPADOR

Sempre que chega o mes de Decembro, os picariños falan moito dos Reis Magos, de Papá Noel, entre outros ......, agora ben, en Galiza temos un personaxe propio que tamén agasalla aos nenos, o APALPADOR. 
Seguro que para moitos é un gran descoñecido, pois prestade moita atención, abride ben as orellas e os ollas, a historia comeza así........


Video do CEIP Coirón de Dena

Agora que escoitastedes a historia, gustaríache ter un Apalpador?. Aquí che deixamos este recortable. Agardamos que deste xeito, todos coñezamos algo máis deste novo personaxe.

Sacada do blog dalleuncolinho.blogspot.com 

domingo, 2 de diciembre de 2012

SE LLAMA GLORIA, GLORIA FUERTES

O Proxecto Colaborativo Libro Virtual Gloria Fuertes inicia a súa andaina na clase de cinco anos. Os Picariños, ao igual que outros coles, xogaron a compoñer e descompoñer o nome de Gloria Fuertes. 
Nesta ocasión a descomposición e composición foi moi especial, xa que realizamos esta actividade no Taller de Cociña, e este foi o noso resultado. 



sábado, 1 de diciembre de 2012

O MES DE DECEMBRO

Por fin, o mes de decembro ou Nadal está aquí, un dos meses máis desexados e esperados polos nosos picariños. Co novo calendario chegan máis sorpresas, a primeira o dito do mes: 

NO MES DE NADAL, 

A segunda sorpresa é que durante este mes sempre contamos cun Calendario de Advento, co cal reforzamos a procura do número correspondente a cada día e tamén saboreamos unha riquísima chocolatina.

viernes, 30 de noviembre de 2012

PARABÉNS MANUEL


O ano está a piques de rematar e con el tamén os aniversarios de cinco anos.
Hoxe é o turno de Manuel, un picariño un tanto pirata que quixo compartir con nós un anaquiño de torta pirata, unhas piruletas piratas e unhas arañas ben divertidas. 

PARABÉNS MANUEL!!!!






jueves, 29 de noviembre de 2012

HARRY Y SU CUBETA DE DINOSAURIOS

Máis vídeos para o noso cesto de películas.


CAILLOU CAZADOR DE DINOSAURIOS

Outro novo video que de seguro fará as delicias dos nosos picariños

1º FASE: COÑECEMENTOS PREVIOS

Cando iniciamos este proxecto comezamos a preguntarnos que era o que sabiamos ao respecto?, como podían ser os dinosauros?, que os diferenciaba doutros animais?..... 
Partindo desta análise interior propia, realizamos o primeiro dos nosos debuxos dun dinosauro. Este serviranos para facer unha comparación final e valorar a información obtida ao longo deste proceso.


miércoles, 28 de noviembre de 2012

COÑECEMOS A CUBERTA

Como xa comentaramos na entrada anterior, os contos son unha das ferramentas máis importantes que temos nas aulas, e incluso nas casas dos nosos picariños, por iso temos que aproveitalos e sacarlle o máximo rendemento.
Nesta ocasión serviunos para coñecer as partes da cuberta ou tapa, mal denominada portada, pois para aqueles que non o saibades, a portada e a folla do interior do conto onde volven aparecer o título e máis datos do libro. 
Recollemos todos estos datos na seguinte ficha de rexistro.



martes, 27 de noviembre de 2012

OS TRES BANDIDOS


Manu, un dos nodos picariños trouxo fai unhas semanas o conto Os tres Bandidos de Kalandraka co cal nos divertidos á par que traballamos formación documental, é dicir, cal é a cuberta e contracuberta ou tapa e contratapa do conto, lomo, onde podemos atopar o nome do autor, o do  título e o da editorial.... entre outros aspectos. 
Aquí vos deixamos un video do conto.

Os pícaros o escoitaron con moita atención, tanta, que fixádevos nos detalles dos nosos debuxos.

lunes, 26 de noviembre de 2012

SANTA ICÍA CON CE ORQUESTRA PANTASMA

O 22 de novembro celébrase o Día da Música, Santa Icía, por ese motivo o profe de música convidounos a gozar do Ce Orquestra Pantasma durante a mañá do venres 23. 
Aquí vos deixamos algunhas das instántaneas desa xornada.





domingo, 25 de noviembre de 2012

COLAXE DE MOMIA


Partindo da receita elaborada co motivo do Samaín: A MOMIA, quixemos facer plásticamente o que comeramos días antes. Así que nos puxemos mans á obra, este foi o resultado. 











A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS