Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

martes, 29 de diciembre de 2009

FESTIVAL DE NADAL

O luns 22 de decembro celebramos o Festival de Nadal, coa actuación de "O Calendario do 2010", no cal representamos un dos papeis máis importantes ata o momento. Deleitádevos todos/as cunha morea de imaxes desa tarde.


miércoles, 23 de diciembre de 2009

A NOSA FELICITACIÓN DE NADAL

Como todos os anos por estas datas, os picariños felicitamos estas festas cunha tarxeta moi espcial. Aí vos vai un exemplo.


martes, 22 de diciembre de 2009

TERCER PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA


Os Picariños estamos de noraboa, xa que vimos de acadar o terceiro premio de innovación educativa, publicado no DOGA do 18 de decembro. O traballo premiado titúlase Pequenos/as científicos/as na cociña e foi desenvolvido de xeito simultáneo en tres centros de Galicia: un centro da nosa comarca o CEIP Nosa Señora das Dores, outro en Arca do Pino (desenvolto pola mestra Beatriz Vives Campos, CPI Camiño de Santiago) e un terceiro en Noia (Desenvolto pola mestra Vanessa Quintián Agrafojo, CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso).
Esta proposta diddáctica levaouse a cabo no curso pasado cos cativos e cativas de 4 e 5 anos. Con ela pretendiamos achegar os alumnos e alumnas á ciencia, e brindarlles a oportunidade de xogar e asombrarse cos obxectos da vida cotiá. O traballo está composto por un receitario, no cal aparecen todas e cada unha das experiencias desenvoltas, e tamén un libro de científicos famosos, onde os cativos caricaturizaron e recolleron os aspectos máis descables de figuras como Einstein, Pasteur, Marie Curie...... .
Grazas a todos e a todas, papás, mamás, avós, avoas... polo voso interese e pola vosa constancia, e sobre todo grazas a Ana, Hugo, Fátima, Teba, Rubén, Mirian, Jesús, Rocío, Candela, Inés, Diana, Santi, Brais e Adrián Soto, xa que vós sodes os verdadeiros protagonistas desta historia.

lunes, 21 de diciembre de 2009

DENDE O POLO NORTE ATA FORCAREI


Hoxe no CEIP Nosa Señora das Dores, recibimos unha visita moi, pero que moi especial, Santa Claus, Papá Noel, ou como queirades chamarlle, chegou ao noso colexio cargado de chuches, co que nos gustan a nós!!!!. Todos quedamos abraiados e sobre todo sorprendidos por esa inesperada visita. Como podedes ver, o profe Javi, intentou colarse, pero Papá Noel douse conta, e non lle dou ningunha chuche.


FACEMOS O NOSO BELÉN


Durante este primeiro trimestre traballamos a reo, tanto é así, que incluso na clase de Relixión coa profe Marta tivemos tempo para confeccionar o noso propio Belén,o Belén de Cinco anos, do cal todos e todas estamos moi orgullosos. Está exposto no salón de actos, e supoño que todos e todas o pudéstedes ver, e senón ai vos vai unha mostra.


FELICIDADES LORENA


Xa está aquí, xa chegou, por fin o último día de clase, pero con moitas e moitas sorpresas. Unha delas foi o cumpreanos de Lorena, xa ten cinco anos, e tróuxonos a nosa torta preferida, que ben!, yupiiiiiii!

MOITAS FELICIDADES LORENA

viernes, 18 de diciembre de 2009

FELICIDADES IVÁN


Xa quedan menos, agora tocoulle a Iván, quen este venres cumpriu cinco anos, agora si que é maior, xa non é o pequeno.

MOITAS FELICIDADES IVÁN


jueves, 10 de diciembre de 2009

CRISTIAN MAGIC, MAGIC, MAGIC


Nunca víramos cousa igual, mesas voando, dados que desaparecen, discos que cambian de cor...... ao noso cole chegara un mago, e converteu en magos a varios dos nosos amigos e amigas: Sabela, Inés, Uxía, David, ...... O Mago Cristian presentounos na última hora da tarde unha cantidade de trucos que nos deixaron totalmente abraiados e fascinados.


CONTOS PARA FALAR

Gracias ao Concello, a editorial Rodeira e ao servizo de Dinamización Lingüística disfrutamos dunha sesión de Contos cantados. Durante un intre, todos nós viaxamos nun vello tren, nun chimpín... todos eles con moitos sons e moi divertidos. Para pechar esta sesión agasalláronnos cun conto (¡¡¡Lume!!! da editorial Edebé-Rodeira) e cun CD coas cancións(recollidas no cd Contos para Falar da Editorial Rodeira dentro do Porgrama de Dinamización Lingüística Bocaberta) que cantamos para poder escoitalas sempre que queiramos, ai vos van, e a cantar amiguiños .....

FELICIDADES EVA


Só quedan dous cativos con 4 anos, a última en cumprir ata o momento foi Eva, quen hoxe cumpriu cinco anos, agasallounos cunha rica rosca e un caramelos deliciosos.

MOITAS FELICIDADES


jueves, 3 de diciembre de 2009

CALENDARIO DE ADVENTO


Este mes temos unha rutina máis, O Calendario de Advento. Para iso, todos os días abrimos a portiña do día correspondente, e comemos a lambetada que nos toca. Pouco a pouco, estamos a confeccionar o noso propio Calendario de Advento, adornando cada día ao noso gusto. En breve volo ensinaremos, mentres deleitádevos con esta árbore-calendario tan fermoso.

martes, 1 de diciembre de 2009

O NADAL XA COMEZOU!!!


O Nadal xa comezou!!!, e con el os adornos, agasallos, o turrón, o mazapán, os Reis Magos, Papá Noel.... Xa falta moito menos para escomezar un novo ano cheo de moitas e grandes sorpresas. E mentres nós, comezamos cos preparativos para o Festival, os ensaios, e sobre todo os nervios. Para pasar mellor estes días escoitamos estas panxoliñas.







domingo, 22 de noviembre de 2009

DÍA DA MÚSICA


Este ano decidimos festexar o Día da Música, Santa Icía, a patroa da música e dos músicos. O centro participou creando varias exposicións, unha de Lecturas Musicais na biblioteca e outra de Instrumentos Musicais no salón de actos. A festa comezou o xoves coas exposicións,e o visionado da película Fantasía, pola tarde. Na xornada do venres pola mañá visitounos o Cé Orquestra, un home orquestra co cal bailamos e cantamos: sereiña, sereiña do mar, vente comigo para ......

viernes, 20 de noviembre de 2009

FELICIDADES SAMUEL

Samuel, xa chegaron os cinco anos!, a gozar deles, e sobre todo a disfrutar o máximo posible. Todos, os nenos e nenas de cinco anos e os profes, che desexamos un feliz cumpreanos.

Día Universal do Neno


O 20 de novembro celebramos o Día Universal do neno. Esta data recórdanos que os nenos e as nenas non somentes son seres fráxiles que necesitan protección, senón que, son persoas con dereitos, dereito a ser educado, ao coidado, a protección.... Un neno é unha persoa que ten dereito a divertirse, a aprender e a expresarse. Adxuntamos unha viñeta de Quinto, onde Mafalda revindica os dereitos de todos os nenos e nenas.

lunes, 16 de noviembre de 2009

TALLER DE ASTRONOMÍA


Como xa sabedes, estamos a desenvolver o noso proxecto "Unha viaxe polo espazo", e para coñecer máis en profundidade ao Sol e aos planetas, visitounos Ana Ulla, presidenta da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura, quen nos presentou un power point, "O sol e a súa familia" con información e imaxes moi interesantes. A maiores, e grazas ao Mago Merlín, fío condutor da historia, foinos presentando cada un dos planetas, e contando as súas curiosidades. Despois deste pequeno visionado, realizamos dúas actividades que nos encantaron. A primeira era poder ver de cerca un planetario, e poder observar o movemento planetario; e a segunda foi facer cráteres, como os da lúa. Para iso, precisamos fariña, colacao, e laca, e sobre todo uns meteoritos (pedriñas pequenas). Despois, e dado que estivemos moi atentos, Ana otorgounos a cada un de nós un diploma de astrónomo.

viernes, 13 de noviembre de 2009

Celebramos o Magosto


O venres 13 de novembro, todos e todas, celebramos a festa das castañas: o Magosto. Para iso, degustamos unha morea de castañas e xogamos un chisquiños cos compañeiros. Nesta ocasión, e por mor do mal tempo, tivemos que festexar este Magosto dentro do patio do colexio. Adxuntamos unhas imaxes da nosa festa.





lunes, 2 de noviembre de 2009

O TEMPO DO MES DE OUTUBRO

Na nosa aula temos unha rutina diaria relacionada co día e coa metereoloxía propia do mes no que nos atopemos. Así, cada día, imos completando con números o mes, co seu apunte climatolóxico. Cando remata ese mes, como no caso de outubro,analizamos cantos días estiveron con sol, sol con nubes, choiva e nuboso. Presentámosvos o exemplo do mes de outubro, a través do cal, vos poderedes fixar en que non todos fan a mesma interpretación do tempo de cada un dos días.

domingo, 1 de noviembre de 2009

UN VAMPIRO DIVERTIDO

Co motivo da festa do Samaín, e dado que estabamos a celebrar unha semana moi, pero que moi monstruosa, decidimos confeccionar uns vampiros moi divertidos e moi sinxeloss. Para poder realizalos só necesitabamos:



Unha culler de pao
Témpera branca
Cartolina negra de cores variadas
Pegamento
Ollos móbiles



Agora estes divertidos vampiros xa están a formar parte das nosas vidas diarias.




AS NOSAS CABAZAS

Este venres celebramos a festa do Samaín ou Halloween, e todos participamos no concurso das cabazas, cada quen preparou a súa cabaza como quixo e sempre coa axuda imprescindibles dos papás, mamás, avós, avós .... .
Poderedes ver na seguinte presentación as nosas cabazas, cabazas monstruosas e que dan moito medo, pero tamén apareceron bruxas, paiasos, un sheriff, unha bolboreta, Spidermans, Kitty, varios Batmans, un tigre, un barco chamado Os Pícaros, sónabamos de algo?, o Planeta Saturno, ...... aquí volas presentamos.


Grazas a todos e a todas por participar tan activamente desta actividade, e sobre todo moitas felicidades ao noso gañador........


Agora ben, todos gañamos e....
TODOS RECIBIMOS AGASALLOS



lunes, 26 de octubre de 2009

UNHA SEMANA ATERRADORA

Adicaremos esta última semana do mes de outubro a festexar o Samaín, ou o tan coñecido Halloween. Para iso, o centro preparouse de xeito concenciudo, así podemos atopar un salón de actos monstruoso, uns corredores cheos de cabazas e unha biblioteca con moitas arañeiras e cheas de contos e lendas de medo, arrepiantes, que nos fan estremecer. Nós, os de cinco anos, tamén estamos a decorar a nosa aula e o noso corredor, con bruxas, morcegos, cabazas, ..... . Aquí presentamos información proposta pola Consellería de Castilla-León, premede encima da imaxe e atoparedes datos interesantes sobre o Halloween.


A maiores, buscando e buscando atopamos varias cancións do Samaín, ai vos van, esperemos que gocedes con elas e sobre todo, moitas grazas a Mamá Cabra e a Suso Pareja (grazas a Mil Primaveras e a Vivir para ler polas súas aportacións)





E xa para rematar, amosámosvos outra canción de Mamá Cabra relacionada co Samaín.



lunes, 19 de octubre de 2009

FELICIDADES ADÁN

Desexámosche un feliz cumpreanos cheo de grandes e moitas sorpresas.
MOITAS FELICIDADES


sábado, 17 de octubre de 2009

O FLAUTISTA DE HAMELIN

Esta semana na Rutina do Conto os nenos e nenas de 5 anos, escoitaron con moita atención o "O Flautista de Hamelín". Esta é unha fábula documentada polos Irmáns Grimm, que nos conta a historia dunha misteriosa desgracia acontecida na cidade de Hamelín relacionada cuns ratos e cun frautista un tanto peculiar. Unha vez rematada a fábula debuxaron aquilo que máis lles chamara a atención.



Podedes escoitar e visionar este conto cantas veces vos praza.

viernes, 16 de octubre de 2009

jueves, 15 de octubre de 2009

COMEZAMOS A NOSA VIAXE POLO ESPAZO

Acabamos de comezar a nosa VIAXE POLO ESPAZO, e estamos a aprender moitas, pero que moitas cousas sobre os planetas, o sol, o universo, ...... Así neste blog engadimos un enlace lateral a este proxecto. Premede na foto espacial e veredes os nosos debuxos, imaxes, achegas......

martes, 13 de octubre de 2009

FELICIDADES ADRIÁN


Todos os teus compañeiros che desexamos un feliz cumpreanos cheo de moitas sorpresas, MOITAS FELICIDADES.


miércoles, 30 de septiembre de 2009

OS DÍAS DA SEMANA

Estes días estivemos a traballar na aula unha canción de Mamá Cabra, Os días da semana, do seu traballo Tan só con leres un libro. Todos os días cantamos a canción, a compoñemos no noso panel, recordando deste xeito o nome dos días. A través dela estamos a coñecer as letras que temos no noso nome, e incluso as letras que teñen os compañeiros.

Podedes escoitar a canción dos días da semana. Moitas grazas Mamá Cabra por esas letras e cancións tan interesantes e que nos permiten traballar tantas cousas.

miércoles, 23 de septiembre de 2009

7º ENCONTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL


Esta fin de semana, 25 e 26 de setembro celebrarase en Santiago de Compostela o 7º Encontros de Educación Infantil ao cal acudiremos unha gran cantidade de mestres e mestras implicadas no quefacer innovador e diferentes dentro das aulas. Espero e desexo aproveitar ao máximo estes días, impregnándome das informacións ofertadas a través dos diferentes relatores, tan importantes coma Mar Romera Morón, Myriam Nemirovsky, Ángela Sátiro, o Grupo Xucurruc, Azucena Arias Correa, ... entre outros.

REUNIÓN INFORMATIVA


Este pasado luns 21 de setembro realizamos a primeira renión do curso esolar 2009-2010 destacando a importancia e coherencia entre o contexto familiar e mailo escolar. Asemade, establecemos un calendario de merendas que deberemos respectar(luns:galletas, martes: bocadillo, mércores: froita, xoves: chocolate, o venres: lácteos), fomentando deste xeito unha merenda sa e equilibrada. Recordarvos a todos e a todas que deberiades traer:
- Unha libreta, medio folio, de grapas e coa portada dunha soa cor.
- Un pano de cociña

- A bolsa da merenda, aquí tendes un exemplo.


lunes, 14 de septiembre de 2009

jueves, 10 de septiembre de 2009

COMEZAMOS XA!!!


Despois dunhas largas e merecidas vacacións, voltamos á aula. De novo, collemos os nosos trebellos e alá nos vamos, de volta á rutina. Da man de Óscar, David Manuel, Paula Campos, Paula Piñeiro, Iván, Rosana, Sofía, Eva, Samuel, Marcela, Mario, Brais, Santiago, Candela, Sabela, Inés, Lorena, Adrián Soto, Adrián Mariño, Diana, Adán e Martín, aprenderemos e pasaremos uns bos momentos que nos gustaría compartir con todos vós (papás, mamás, irmáns, avós, avoas, tíos.....).
Comezamos esta viaxe,


ANIMÁDESVOS????


ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more

domingo, 10 de mayo de 2009

O VACALIBRO


Os Pícaros estivemos a investigar sobre as vacas e nesa pescuda confeccionamos o noso libro das vacas, onde recollemos a información que nos pareceu máis interesante. Este vacalibro como podedes ver refírese ás partes da vaca, ás diferentes razas tanto galegas como estranxeiras e ao seu menú.
Esperemos que vos guste!!!.


viernes, 1 de mayo de 2009

FELICIDADES MAMÁ!


O vindeiro 3 de maio celebramos o Día da Nai, e os picariños queremos festexar tamén este día. Por iso durante esta semana estivemos a confeccionar un agasallo para a nosa mamá. Fixémoslle unha tarxeta moi agarimosa, un imperdible e un gran corazón. Espero que todas as mamás disfruten do seu día. Biquiños para todas elas.

MOITAS FELICIDADES!!!



jueves, 23 de abril de 2009

O COELLIÑO BRANCO

Espero que desfrutedes co conto de Kalandraka O Coelliño Branco e lembrade que "para viaxar lonxe non hai mellor nave cun libro" (Dickinson).

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO


Como non podía ser doutro xeito os Picariños festexaron o Día do Libro con varias actividades, a primeira foi a representación gráfica do conto que máis lle gustase e a segunda foi convertirse por un día en Contacontos. Contáronlle o conto do Coelliño Branco aos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria e aos de 3 anos.

domingo, 19 de abril de 2009

PEMIO AO COMPROMISO EDUCATIVO

Moitas grazas Patri, por concedernos este premio tan especial ao compromiso educativo. Con el prémiase e recoñécese públicamente a aqueles blogs(de pais,profesionais e centros educativos),que día a día están demostrando o seu compromiso coa educación, dito premio foi creado polo blog loquelegustaamishijas.Este premio quere recoñcer e dar valor a:
1.-O compromiso por unha educación de calidade.
2.-Aposta por unha inclusión das Tics na aula.
3.-O esforzo das familias,profesionais e centros educativos por incorporar as Tics ó proceso educativo.
4.-A loita por defender a través do ensino valores como:solidaridade,amor,cariño,respeto,esforzo,axuda,apoio,compartir e compromiso co futuro dos noso alumnado.
5.-Recoñecer e valorar o esforzo das familias,pofesionais e centros educativos por integrar de forma efectiva nos coles e na sociedade aos nenos e nenas especiais,procurándolles toneladas de amor e posibilitándolles tódolos recursos ao noso alcance.
As normas do premio son:
-Publicar entrada cos obxectivos do premio e enlace http://www.loquelegustaamishijas.com/
-Publicar na entrada lista de blogs ós que entregamos o premio.
-Comunicar a cada blog premiado a concesión do premio.
Os abaixo premiados podedes repatir este premio a aqueles blogs que consideredes que están traballando nesta línea:

miércoles, 15 de abril de 2009

DE VOLTA AO COLE!

Despois destas vacacións os picariños volven ao traballo. Neste tercer trimestre seguiremos experimentando e tamén investigaremos sobre a obra e vida dun dos pintores máis coñecidos no ámbito español: Joan Miró. A maiores, como non podía ser doutro xeito, conmemoraremos o Día do Libro, o Día da Nai, a Semana das Letras Galegas.... entre outras moitas actividades que vos iremos contando.

viernes, 3 de abril de 2009

PASADE UNHAS BOAS VACACIÓNS


Inés, Brais, Candela, Adrián, Diana, Santi, Ana, Hugo, Fátima, Mirian, Rubén, Teba, Rocío e Jesús, " Os pícaros de Forcarei", desenxanvos unhas felices pascuas e esperan estar pronto con todos vós, con máis traballos,proxectos e historias que contar.

jueves, 2 de abril de 2009

AS NOSAS VACAS

Durante o segundo trimestre estivemos a traballar sobre un animal moi coñecido para nós, xa que está en case todas as nosas vidas:as vacas. Agora sabemos algunhas cousiñas máis sobre elas, convertímonos en verdadeiros expertos de vacas. Antes de mostrarvos o noso proxecto,merecedes un adianto, aí o tedes, fixádevos nas nosas vacas.

jueves, 26 de marzo de 2009

CONTACONTOS: O BARDO ABELARDO

Grazas a colaboración da Editorial Everest e do Equipo de Biblioteca os nenos e nenas de Educación Infantil puidemos disfrutar dunha sesión de contos e cancións da man do Bardo Abelardo. Así, gozamos cantando, bailando, movendo as mans..... e sobre todo prestando moita atención a todo o que alí acontecía. Despois da sesión decidimos representar co lápis e en papel ao Bardo. Aí vos van imaxes da actuación e algúns dos nosos debuxos.


viernes, 6 de marzo de 2009

O TESOURO AGOCHADO: A PATACA


Baixo este título preséntase unha secuencia didáctica premiada na convocatoria realizada de forma conxunta pola Dirección Xeral de Saúde Pública e Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa. Da man de Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa descubriredes un gran tesouro dentro da nosa alimentación: a pataca. Se queredes acceder a esta e a outras experiencias podedes descargar o libro Medrando Sans de bocado en bocado... de xogo en xogo. Experiencias de aula.

sábado, 21 de febrero de 2009

ENTROIDO 2009

Este ano, os nenos de 4 e 5 anos decidimos convertirnos por uns días en Científicos e Científicas. Cos nosos disfraces percorremos as rúas de Forcarei, non sós, xa que os nenos de Primaria, os nosos pais, nais, avós, avoas.... tamén gozaron connosco. A xornada foi espectacular, pero sobre todo, e o que máis nos gustou foi unha merendola improvisada na praza do concello.


A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS